O Real decreto de 5 de maio de 1913 establece, entre outras, as prisións provinciais. Son as cárceres, situadas nas capitais de provincia, destinadas a prisión preventiva durante a tramitación dos sumarios, para o cumprimento de penas de arresto maior de individuos non militares, así como prisión da audiencia para as persoas, que, rematados os sumarios, agarden a posta en liberdade, a libre absolución ou a condena.
En caso de ter capacidade tamén se destinarán ao prisión correccional imposta por as autoridades correspondentes ou un consello de guerra.
A idea dunha nova cárcere para A Coruña xéstase a finais do ano 1894 cando o alcalde Carlos Martínez Esparís, nun discurso, denunciou as condicións da cárcere da Audiencia.
Pensouse en instala no Campo de Marte ou acondicionar o castelo de San Antón, seguindo as normas do Real decreto de 4 de outubro do ano 1877 de transformación de cárceres existentes ou construción dunhas novas.
Finalmente, acordouse instalala nun novo edificio nunha parcela cedida polo concello, preto da Torre de Hércules.
A Dirección Xeral de Prisións encargoulle o proxecto a Juan Álvarez de Mendoza, que colaborou co arquitecto municipal, Pedro Mariño. Este proxecto está datado a principios do ano 1925, estregándose o edifico a mencionada Dirección Xeral o 21 de setembro de 1927.
Esta prisión estivo en funcionamento ate o ano 1997, ano no que empezou a funcionar o novo centro penitenciario de Teixeiro
2.3 Lugares:
España. Residencia, sede: A Coruña
2.6 Atribucion(es)/Fuente(s) legal(es):
Real decreto de 5 de maio de 1913 que dispón que a organización do persoal de prisións, así como o réxime e funcionamento destas, se suxeite ás disposicións que se publican e perfeccionando os servizos penitenciarios (1913-05-05)