Por Real Decreto do 9 de abril de 1886 dáse carácter oficial ás cámaras de comercio, Industria e navegación, asociacións coas que se pretendía dar un impulso á vida económica española e amparar os intereses do traballo e a industria. No mesmo Decreto sinalábase os lugares onde podían fundarse estas asociacións, nos portos que tiñan Aduanas de Primeira clase e nas prazas mercantís e industriais máis importantes de España
A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, creada nese ano 1886, é unha Corporación de Dereito Público, segundo dispón a actual normativa estatal e autonómica (Lei 4/2014 do 1 de abril, Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de España e Lei 5/2004, do 8 de xullo, de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia).