O Padroado Real para a represión da trata de brancas, chamado posteriormente Padroado de Protección á Muller, créase en 1902, organizándose despois polo Decreto do 6 de novembro de 1941, mediante xuntas locais e provinciais e dependendo do Ministerio de Xustiza. A súa finalidade era a de dignificar moralmente a muller, impedir a súa explotación, apartándoas do vicio e educalas seguindo as ensinanzas da relixión católica.
A Xunta Provincial de Pontevedra constitúese o 19 de febreiro de 1943, sendo o seu presidente o gobernador civil e os seus membros designados polo Ministerio de Xustiza.
Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas nos anos oitenta pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas a defensa, a protección e o desenvolvemento da muller pola Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado.