Casa de Galicia de Montevideo. (1917-10-1 - 2021-12-23)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1917-10-1 - 2021-12-23
2.2 Historia/Descripción:
A Casa de Galicia de Montevideo foi fundada o 1 de outubro de 1917 por D. José María Barreiro e un grupo de galegos visionarios. Foi unha das primeiras asociacións mutualistas do país. Posúe un local social central, sanatorio, panteón, policlínicas radiais e un campo de festas, coñecido como "Quinta de Casa de Galicia". No seu local social da Avenida 18 de Julio 1471, B, con catro andares, están instaladas as seguintes dependencias: bar, restaurante, comedor, salón rexional, salón de actos, biblioteca e sala de reunións, e no seu último andar ubícase o instituto de secundaria "Manuel Curros Enríquez".
O 23 de decembro de 2021, a xustiza uruguaia decretou o cese inmediato das actividades da mutualista. O Sanatorio quedou baixo a tutela da Administración dos Servizos de Saúde do Estado, á espera de que se resolva o futuro dos seus traballadores, afiliados e usuarios.
Respondendo á súa denominación e á inspiración dos seus fundadores, é unha sociedade eminentemente galega que ten como finalidades primordiais as seguintes:
- Fomentar a unión entre os galegos e os seus descendentes.
- Proporcionar aos seus asociados beneficencia, festas, traballo e asistencia médica, tanto dentro do departamento de Montevideo como nas súas dependencias sociais e no interior do país.
- Honrar a Galicia e fomentar o seu coñecemento no país.
- Apoiar e difundir a cultura galega.
- Procurar o maior benestar da colectividade e defendela cando sexa necesario.
- Apoiar de forma eficaz toda acción de progreso que se emprenda a favor de Galicia.
- Manter relacións coas entidades establecidas en Galicia ou fora dela.
A comezos do século XX, Uruguai foi un dos principais destinos da inmigración europea en América do Sur e recibiu vagas de inmigrantes, entre eles inmigrantes galegos. A colectividade galega en Uruguai fundaría o 1º de octubre de 1917 a Sociedade de Instrucción, Recreo, Beneficencia, e Asistencia Médica Colectiva Casa de Galicia, en Montevideo.