Créase por Decreto do 23 de novembro de 1940, baixo a autoridade do Ministro da Gobernación e encadrada na Dirección Xeral de Beneficencia e Obras Sociais e da que dependerán, na esfera provincial, as xuntas provinciais de beneficencia, e na orde local, as delegacións que auxilio social teña establecidas nos respectivos municipios.
No artigo primeiro do Decreto, indícase que o Estado asume a protección dos menores de dezaoito anos que, por causa directamente derivada da Revolución Nacional da Guerra, perdesen aos seus pais ou ás persoas que os tiñan ao seu cargo, e carezan, ao propio tempo, de medios propios de fortuna ou de parentes obrigados a prestarlles alimentos conforme as prescricións das leis civís. A protección dispensada por este Decreto estendíase aos orfos maiores de dezaoito anos que por enfermidade ou defecto físico fosen inútiles para o traballo e tamén durante o tempo preciso para terminar a carreira ou aprendizaxe da profesión que, conforme á súa aptitude, elixisen.