Frábica Coruñesa de Gas y Electricidad (A Coruña, España). (1854 - 1945)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1854 - 1945
2.2 Historia/Descripción:
Esta sociedade anónima de gas e electricidade instálase na Coruña en 1854, no solar que fora ocupado pola praza de touros, no número 6 da rúa do Socorro. Sería unha das primeiras cidades españolas á que chega este adianto, que acabaría coa iluminación de aceite que se inaugurou en 1792, o primeiro con el que contou a cidade.
Esta fábrica ampliouse despois da súa instalación en 1880, debido á necesidade de levar a iluminación á periferia coruñesa. O 24 de agosto de 1923 procédese a realizar un proxecto de construción de fornos de fabricación de gas. Esta obra proxectouse a cinco metros da liña de edificación da rúa do Hospital.
Na tarde do 11 de outubro de 1924, A Coruña atópase ao bordo dunha catástrofe, cando por motivos non moi claros, pero achacados a unha faísca eléctrica que ocasiona un espectacular incendio que se propaga ao interior do depósito pero, aquela mesma noite, o lume consumira case todo o gas almacenado e os coruñeses poden regresar aos seus fogares sen que houbese incidente algún. O proxecto de renovación realizasetras este accidente e a fábrica entra en servizo o 29 de decembro de 1929.
A Coruñesa de Gas e Electricidade SA deixaría de funcionar sobre no ano 1945, ao ser adquirida por Fenosa, baixo a dirección de Pedro Barrié de la Maza e a súa xigantesca cheminea será desmantelada en marzo de 1958.