Compañía Arrendataria de Fósforos de La Coruña. (1922 - 1955)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1922 - 1955
2.2 Historia/Descripción:
En novembro de 1922 o ministro de Facenda, Francisco Bergamín García, adxudicou a fabricación de mistos e fósforos a dúas compañías que debían fusionarse nunha soa sociedade. Da fusión entre a Unión Fosforera e a Ibérica de Contratación y Publicidad naceu en Madrid a Compañía Arrendataria de Fósforos, adxudicataria única do monopolio.
Seguindo os ditames nacionalistas da época, a Compañía comprometeuse a contar cun capital exclusivamente español non transferible a estranxeiros. O Consello de Administración, pola súa banda, había de estar constituído maioritariamente por «súbditos españois». A nova empresa tiña que fabricar os fósforos e mistos establecidos regulamentariamente pola Facenda e entregalos quincenalmente aos prezos convidos. Para desenvolver o seu traballo a Arrendataria recibiu do Estado as fábricas que solicitou: Valencia, Irún, Carabanchel, Alcoy, Oviedo, Palma, A Coruña, Barcelona e as dous existentes en Tarazona e en Sevilla. Estas doce fábricas pronto quedaron reducidas a dez, unha vez clausuradas a fábrica da familia Lasa, en Tarazona, e un dos establecementos sevillanos.
O negocio fosforeiro español comezou a cambalearse a inicios dos anos corenta. A rendibilidade do monopolio minguaba e a competencia dos acendedores era cada vez máis insostible. Ademais, a Compañía Arrendataria de Fósforos desenvolveuse nun contexto de protección no que os avances tecnolóxicos foran mínimos: calquera alza nos custos de produción traspasábase ao prezo final do produto. No mes de xullo do ano 1955 publicouse a Lei que suprimía o monopolio dos mistos