Antonio Castillo Domínguez, nado en Monesterio (Badaxoz) en 1896 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un veterinario e político español residente en Galicia.
Graduouse na Escola de Veterinaria de Córdoba en 1916. Foi inspector veterinario municipal de Cedeira ata 1925 que pasou a ocupar a praza de Narón. Colaborou no El Ideal Gallego con artigos que salientan a lenta evolución agropecuaria de Galicia. En 1925 gañou o primeiro premio dun concurso de memorias organizado polo Colexio de Veterinarios da Coruña, cun tema sobre a instauración de basculas nas feiras e nos matadoiros. En agosto de 1935 foi nomeado veterinario municipal de Ferrol.
Foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934. Moi relacionado cos socialistas de Ferrol, foi nomeado presidente da Xunta Reitora do Círculo Socialista do Centro o 12 de xuño de 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. O día 1 de setembro foi posto en liberdade. Xulgado o 4 de decembro en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe o 18 de decembro canda a outras persoas.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Monesterio (Badaxoz) Lugar de fallecimiento: Ferrol