Naceu en Vigo, en 1903, e morreu en Santiago de Compostela en 1979. Foi decano entre 1961 e 1971.
Licénciase en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1924 e doutórase na Universidade Central en 1926, onde fora chamado polo profesor José Casares Gil.
En 1930 consegue a cátedra de Técnica Física e Análise Química da Facultade de Farmacia de Santiago, completando a súa formación mediante bolsas da Xunta para Ampliación de Estudos en diversos laboratorios europeos.
Colaborou co Centro de Estudos Rexionais da USC, co seu Instituto Galego de Bromatoloxía, que dirixía, e a partir de 1940-1941. Superado un expediente de depuración, puxo en marcha importantes equipos de investigación orientados cara aos estudos en Bromatoloxía e Toxicoloxía. A recompilación de materiais farmacéuticos históricos, realizada durante a súa dilatada vida profesional, foi a base do futuro Museo de Farmacia de Galicia.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Vigo Lugar de fallecimiento: Santiago de Compostela España