Foi un guerrilleiro antifranquista. Tesoureiro do Partido Galeguista de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exército do Norte. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e integrouse na guerrilla no grupo do Córgomo liderado por Antonio Arias Prada, que operou nas Terras de Valdeorras de finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado e condenado á pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940.