A xulgar polos testemuños conservados, Ramón Tomás Rebellón debeu de ser unha persoa preocupada pola boa xestión do seu patrimonio e , como consecuencia, tamén pola organización do arquivo. A el se debe a formación de diversos libros nos que se recollen de forma extractada documentos determinantes na formación e administración do patrimonio das distintas ramas familiares: as familias Canel e Osorio, pola súa parte; Pardo e Cora, pola da súa muller. Bens que se espallan polos concellos costeiros da provincia de Lugo e terras do Ortegal, Bergantiños e Santiago, na da Coruña.
Mediante o matrimonio entre Felipa Rebellón e Camilo Rodríguez Losada entran a formar parte do patrimonio familiar algúns bens nas provincias de Ourense e Lugo (Nogueira de Ramuín, Sandiás, Pantón, Sober) procedentes da herdanza do seu pai, José Rodríguez Losada Quiroga y Noboa (“dueño de las casas de Bustaballe, Reza y otras”) e tamén na provincia de Zamora, procedentes da herdanza da súa nai, Luisa Ozores Valderrama. Existen documentos de José Ozores Valederrama, licenciado en xurisprudencia e residente en Madrid, relacionados coa administración deste patrimonio.
Por último, o casamento de María del Carmen Rodríguez Losada con Juan González Regueral y Álvarez aportará algúns bens (moi poucos) nos concellos asturianos de Llanera e Oviedo, procedentes da herdanza da súa nai, María del Carmen Álvarez Arenas y Vereterra.
Existen tamén algúns documentos que reflicten probablemente o desempeño dalgún membro da familia (ata o momento sen identificar, pero ben puidera ser José Ozores Valderrama) dalgún cargo no Ministerio da Gobernación ou nas Cortes, ou a lo menos, que tivera algunha relación coa preparación de diversos proxectos normativos relacionados co sistema electoral, na segunda metade do século XIX. Ademais de borradores de anteproxectos podemos atopar exemplares da Gaceta de Madrid coa publicación dos textos, unha vez aprobados. Como curiosidade podemos indicar a existencia de tres impresos oficiais ingleses dos anos 1848, 1851 e 1854, relacionados coas eleccións dos membros do Parlamento;
e un folleto titulado La elecciones. Sus vicios. La influencia moral del Gobierno. Estadística de la misma y proyecto de reforma electoral. Por D. Luis María Pastor.—Madrid : Imprenta de Manuel Galiano [ca. 1860]. Con dedicatoria do autor “al Sr. D. Justo Pelayo Cuesta, diputado a Cortes . Su afectísimo amigo. Pastor”.
Historia arquivística
O fondo que denominamos “Familia González Regueral y Losada” está composto por documentos procedentes das distintas ramas familiares que confluíron nos últimos produtores – Juan González Regueral y Losada e os seus irmáns- . Comprenden un amplo período cronolóxico entre o ano 1519, data do documento máis antigo, e 1955, data do máis moderno.
Alcance e contido
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia