A xurisdición de Ares conta cun xuíz e xustiza ordinaria da vila e xurisdición que entende en primeria instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles.
Seguindo co proceso reestruturador, o Decreto do 5 de marzo de 1820 suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido. Desde o momento en que toman posesión os xuíces dos partidos, cesan os corrixidores, alcaldes, meiriños, xuíces e aqueles que viñan administrando xustiza en primeira instancia.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Pontedeume).
Historia arquivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
En 1804 entraron no arquivo da vila de Ferrol os 37 atados da execución e cumprimento dos bens e herdanza de Domingo Rodríguez e da súa muller, Juana Barciela, defuntos, veciños de Ares, que lle entregara a Real Audiencia en 1787 a Alberto Catoira de Novoa, escribán do rei e veciño de Ferrol (ARG. XF. Sig. 5093/79). O resto da documentación do xulgado de Ares puido chegar a Ferrol polo mesmo motivo, xa que na entrega ordenada en 1834 a súa documentación debía pasar a Pontedeume.
Alcance e contido
Este fondo documental conta coas series Expedientes de nobreza e limpeza de sangue, Expedientes de partillas, Expedientes de requerimento e Preitos.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol, Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña, Documentación notarial
Notas
Nota xeral
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia