Tratáse do fondo documental conservado de Antonio Fernández e a súa familia, pertencentes á incipiente burguesía da cidadde de Lugo.
Antonio Fernández debeu nacer como mínimo no derradeiro cuarto do século XVIII.
Casou dúas veces. A primeira con Ana López, morta en 1839, e de segundas con Gerónima Rodríguez Marey en 1841. Esta naceu preto de 1824 e aínda vivía en 1893.
Parece que Antonio Fernández morreu preto de 1865, data na que xera pensión a favor da súa muller.
Exerceu diversos cargos de carácter público e privado. Ademais de escriban e notario do distrito de Lugo, tivo cargos relacionados coa desamortización de bens na zona preto á cidade de Lugo: Arrendatario de rendas episcopais da Mitra no partido de Meilán e comisionado principal de arbitrios de amortización.
Tamén exerceu como administrador ou mordomo do Marqués de Ombreiro. Concretamente do pai de José María de Prado Neira y Ozores
Tiñan diversas propiedades na cidade de Lugo que xeraban pensión ao seu favor. Tamén pagaba foros e pensións a diversas persoas.
Coa primeira muller tivo dous fillos: Domingo Antonio Fernández e Manuel
Coa segunda tivo varios: Eduardo, Filomena, Victoriano, Froilana, Enrique e José.
Descoñecemos case todas as vicisitudes da súa prole. Tan só que Manuel Fernández Marey casou coa filla dun escribán da Pobra de Adai, Manuela Freire, filla de José Ramón Freire e de Josefa Fernández.
Froilana Frenández casou con José Lira Castro , abogado en Noia, e tiveron por fillo a Francisco, que cursou estudios no Seminario Conciliar de Lugo
Eduardo Fernández Marey, exerceu como médico militar e morreu en 1877, xerando una pensión a favor da súa nai.
Alcance e contido
Informa sobre aspectos económicos e de exercico de diversos cargos,fundamentalmente na cidade de Lugo, durante boa parte do século XIX.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia