O convento das clarisas de Santiago de Compostela foi o primeiro que tiveron estas relixiosas en Galicia. Fundado pola raíña Violante no século XIII, o edificio orixinal estaría situado nos arrabaldes da cidade, trasladándose a partir do ano 1297 ao seu emprazamento actual na zona norte de Compostela. Desde entón recibiu numerosas doazóns e privilexios reais. O ingreso no cenobio de profesas de clase alta contribuíu a incrementar aínda máis o seu patrimonio. O edificio primitivo foi ampliado no século XVII.
Historia arquivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condicións de acceso
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia