O convento dominico de Santa María de Belvís foi fundado no século XIV por unha doazón de Teresa González, que en 1305 doa aos dominicos de Bonaval uns bens para edificar o que será o primeiro convento feminino da orde de San Domingos en Galicia. A fundación do cenobio prodúcese en 1314 cando se instalan nel unhas monxas procedentes do mosteiro de Santa María de Zamora. No século XVII construíuse a capela de Nosa Señora do Portal e un século despois, co mecenado do arcebispo Antonio de Monroy, reedificouse o convento seguindo os planos de frei Gabriel de Casas.
Historia arquivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condicións de acceso
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia