Parroquia de Santiago de Compostela, do arciprestado do Xiro da cidade.
O cardeal del Hoyo afirma que a freguesía atopábase intramuros da cidade en 1607, aínda que moitos dos veciños vivían na aldea, fóra da cidade.
Menciona o cardeal visitador a capela de Santo Isidro, dotada polo tendeiro Domingo Iáñez e situada na parroquial do lado do Evanxeo.
Tamén cita a dos "Abriles" e a de Nosa Señora e San Xerome, fundada polo capitán Xerome de Toubes.
Por outra banda, convén mencionar a unión que no ano 1578 realizou o Arcebispo Francisco Blanco de varias parroquias de Compostela por mor da anterior peste que despoboara a cidade e minguara as rendas e congruas parroquiais: porén anexionou as parroquias de San Fiz e Santa María Salomé; as de San Miguel e San Xoán Apóstolo; e as de San Bieito e Santa María do Camiño. Tal e como xa estaban as de San Froitoso, Santa Susana e San Xoán Bautista. A noticia destas unións dánola A. López Ferreiro (Historia de la S. A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, T. VIII, páx. 272).
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia