Cenobio documentado no século X como mosteiro familiar. No ano 1065 a infanta Elvira dóalle a súa parte no mosteiro á diocese de Ourense co que a partir de mediados do século XI o mosteiro queda vencellado á sé auriense. Ata entón estivera baixo a advocación de Santiago pero nun documento de 1127 xa aparece como Santa María de Porqueira. No ano 1199 Urraca Fernández de Traba faille unha doazón no seu testamento. Entre finais do século XII e principios do XIII, a diocese ourensá recibiu unha parte do mosteiro a través de doazóns reais. Nesta época instaláronse nel os monxes da orde de San Xerónimo pero en 1221 xa aparece vencellado aos agostiños como se observa na sinatura do seu prior nas actas do sínodo celebrado nesa data en Ourense. Na Idade Moderna conservou a calidade prioral e o párroco de Santa María a Real mantivo o título de prior.
Historia arquivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condicións de acceso
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia