A vila das Pontes de García Rodríguez conta cun xuíz desta vila e da súa xuridición que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles. Así, Pontedeume convértese en cabeza de partido.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ortigueira).
Historia arquivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
Seguramente a documentación pasara a este xulgado en cumprimento do Real decreto do 21 de abril de 1834, que ordenaba que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido os procesos e expedientes nos que estivesen entendendo. Neste caso trataríase do partido de Ortigueira, pero por algún motivo chegou a Ferrol.
Alcance e contido
Este fondo conta con catro series documentais: Causas, Espontáneas, Expedientes de partillas e Expedientes de solicitude
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña, Documentación notarial, Colección de documentos en pergamiño, Colección documental de César Vaamonde Lores, Xunta Superior de Armamento, Subsidios e Defensa de Galicia
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia