Mencionados na Constitución de 1812, creados en 1835 polo Regulamento da Administración de Xustiza, son tribunais unipersonais que coñecen en primeira instancia en asuntos civís e criminais e en segunda instancia dos xuízos de faltas; tiñan como sede os concellos que foran cabeza de partido xudicial. Tras varios decretos de ampliación e supresión, a Lei Adicional á Orgánica do Poder Xudicial de 1882 restableceu os Xulgados de 1ª Instancia con funcións tamén de instrución en materia penal. A Lei 42 /1974 de Bases Orgánicas da Xustiza, designa ós Xulgados de 1ª Instancia e Instrución como Xulgados de Partido, con competencias, en materia civil en primeira instancia en todos os procesos civís, e en segunda instancia nos procesos civís tramitados en primeira polos Xulgados de Distrito ( anteriormente Municipais ou Comarcais); e en materia penal correspóndelles a instrución dos procesos por delitos graves e infraccións de maior contía, e a segunda instancia nas apelacións de sentenzas ditadas polos Xulgados de Distrito. Os xuíces desenvolverán tamén actividades en materia gobernativa e inspectora dentro do territorio da súa xurisdición.
Historia arquivística
A documentación dos Xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos Xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo, o ingreso dos documentos se producíu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.
Alcance e contido
A meirande parte da documentación está composta polos Xuízos civís en primeira instancia, e os Sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e pola acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados Municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 2 e 3 de Vigo, así como no fondo da Audiencia Provincial.