Marina Fernández de Tudela fae doazón ao mosteiro de Santa Clara de Santiago de Compostela do muíño que chaman de Ramiro Barón na ribeira do río Sarela, coa condición de que tras a morte da súa irmá Constanza Fernández pase ás fillas da primeira, Inés e Elvira Fernández, e tras a morte das dúas pase ao mosteiro.
Data de creación
(1334-06-26)
Nivel de descrición
Documento
Volume e soporte da unidade de descrición
1 Fotografía(s)
153 x 240 mm.
Outras características físicas:
Presenta buracos de ter estado cosido, encadernado
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia arquivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e contido
Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria. Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lingua:
Galego
Escritura:
Letra de albalaes
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Pergameo
Notas
Nota xeral
Leva anotacións ao verso: Onomástica antiga: - Marina Fernandes de Todella - Ines Fernandes - Eluira Fernandes - Costança Fernandes Toponimia antiga: - Sarella Notario: - "Alvar Eanes, notario de Santiago jurado" Escribán: - Johan Dominges.