A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas; e despois, a súa definitiva desaparación en 1849, en que os novos gobernadores de Provincia, asumen, sequera nominalmente, as súas competencias. A nivel territorial, no caso ourensán, o Subdelegado de Rentas, baixo a dependencia xerárquica do Intendente, realizaba as mismas funcións que este na provincia, fundamentalmente de carácter facendístico.
Historia arquivística
A documentación formaba parte do arquivo da Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Ourense e ingresou no arquivo o 9 de setembro de 1961.
Alcance e contido
Contén: Libro interrogatorio.
Esta parte da xurisdición de Valdeorras estaba formada polas parroquias de Santiago de Forcadela e Nogaledo, San Xoán de Éntoma e San Martiño de Alixo, no concello do Barco de Valdeorras, a parroquia de San Clemente de Arnado, no concello de Vilamartín de Valdeorras, e a parroquia de Santiago de Cereixedo, no concello de Cervantes, provincia de Lugo.
Esta parte da xurisdición de Valdeorras estaba baixo o señorío do conde de Ribadavia.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Toda reprodución devengará o prezo público establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia, conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, atópanse libros correspondentes a cidade de Ourense e ao lugar e partido de Francelos que foron realizados de acordo coa Real Instrución do 15 de decembro de 1760. Tamen no Arquivo Histórico Nacional e no Arquivo de Simancas se conserva documentación realizada no proceso de elaboración do Catastro de Ensenada. Así mesmo, nos arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra atopamos libros que atinxen á actual provincia de Ourense.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia consérvanse copias notariais de varios libros. Así mesmo no Arquivo de Simancas conservase unha copia dos linterrogatorios, estes últimos están dixitalizados e pódense consultar na páxina web do portal de arquivos estatais (pares.mcu.es)