Vicente García-Lastra Rivera (1912-1997) foi un reputado arquitecto que exerceu a súa profesión en Ferrol dende o ano 1944, cando ocupou o cargo de Arquitecto de Obras Civiles da E.N. Bazán. Tamén realizou importantes traballos para a Armada Española e o Obispado de Mondoñedo, así como numerosos proxectos de obras para particulares, tanto en Ferrol como en localidades cercanas.
Historia arquivística
Fondo xerado como resultado da súa actividade profesional e conservado polos seus herdeiros ata a súa donación ó Arquivo Municipal de Ferrol.
Alcance e contido
A serie ten gran valor dado que aporta información relevante sobre a xestión da construcción e caracterización dos edificios do Concello de Ferrol e bisbarra. Os documentos dos que constan os proxectos varían segundo a cronoloxía a que nos refiramos, sendo máis completos os de anos máis próximos a actualidade. Tendo en conta estas diferenzas e evolucións podemos resumir que os proxectos constan, normalmente, dos seguintes documentos: notificación, contrato ou folla de encargo, memoria e planos. Na maior parte tamén cuestionario de estadística de edificación de viviendas para proxectos de nova planta (que se presentaban coa solicitude de calificación provisional e/ou definitiva) presupostos, minutas e, nalgúns casos, libro de ordes (completo ou as copias das follas cubertas grapadas), consultas urbanísticas, etc. En contadas ocasións acompañan fotos dos edificios construídos.
Ademáis en moitos dos proxectos atópanse anotacións ó inicio sobre o aparellador, constructor, data de comezo e fin de obra, etc.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
A documentación na meirande parte é de tamaño folio e os planos que conteñen están pregados e reducidos a ese tamaño. O soporte sempre é papel, pero de diferentes calidades e naturezas. A existencia de tamaños tan grandes, así como a natureza dos soportes, teñen provocado que unha moi pequena parte da documentación esté en mal estado de conservación, con dobras e roturas.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Copias dos proxectos nos expedientes de licenza de obras particulares conservados nos arquivos dos concellos onde se tramitaron as devandtas licenzas e no arquivo dos Colexios de Arquitectos onde foron visados.