Testemuño do procurador do mosteiro de Monfero, fray Afonso Páez, contra fray Afonso, granxeiro de Saa, e outros, requiríndolles para que non vendan, compren, cambien nin empeñen gandos nin bens da doazón feita ao mosteiro por Fernán Pérez de Andrade no termo de Santa Marta de Ortigueira.
Documentalmente, sabemos que polo menos desde o século XIII existía o Condado de Ortigueira, e tamén a súa Vila dirixente. Sabemos tamén que cabaleiros orixinarios do mesmo destacaron nas guerras de Reconquista, como os Gallego, Faxardo, Lugo...., e quizais este labor xustifique as mercés e privilexios que recibiu a Vila do Rei Alfonso X, quen no 1255 concedeulle o "Fuero de Benavente", dispoñendo que tivese porto, feira anual de quince días e que contase cunha ampla contorna baixa a súa xurisdición, así como recoñeceu a autoridade dos seus alcaldes.
Ata os Reis Católicos o resto dos monarcas confirmaron os privilexios, pero desde 1372 aparece Pedro Ruíz Sarmiento como Señor de Ortigueira, e no ano 1442 o seu descendente Diego Pérez Sarmiento ostenta o título de primeiro Conde de Santa Marta, que perde así a súa condición de terra baixo a dependencia directa da Casa Real.
Por matrimonio, o condado ortigueirés pasará a unirse ao de Trastámara e ao Marquesado de Astorga desde os primeiros anos do século XVI, para no 1707, ao casar a XIII Condesa de Santa Marta Ana Nicolasa de Guzmán Dávila-Osorio co Conde de Altamira, quedar unido a este último.
O Condado de Santa Marta comprendía o territorio dos actuais concellos de Ortigueira e Cariño, así como o "Coto de Mañón", a hoxe parroquia do mesmo nome. No século XVIII era señorío dos Marqueses de Astorga e pertencía á provincia de Betanzos.
Tras a abolición dos señoríos no ano 1833, por unha nova organización administrativa quedou dividido en cinco concellos: Ortigueira, Mañón, San Adrián de Veiga, Freires e Couzadoiro, aínda que estes tres últimos terán unha vida breve, pasando en 1850 a incluírse no primeiro.
Nese ano, o Concello de Ortigueira recuperaba as terras do antigo Condado, fóra da parroquia mañonesa, e así foi ata xaneiro de 1988, en que Cariño, A Pedra, Sismundi, Landoi e Feás se segregaron del para formar o Concello de Cariño.
Historia arquivística
Este documento foi custodiado durante anos pola familia de D. Federico Maciñeira Pardo de Lama, sendo entregado o 4 de maio de 2015 polo seu neto, D. Federico Maciñeira Teijeiro a D. José Carlos Breijo Rodríguez, Cronista oficial de Ortigueira, para que fose reincorporado ao Arquivo histórico municipal.
Alcance e contido
Esta serie está formada por aquelas disposicións dirixidas polas autoridades supramunicipais (rei e demais sectores que exercen señorío) ao concello e aos seus representantes, sendo tamén documentación municipal propia do Antigo Réxime que pode acadar un elenco longuísimo de exemplos que a compoñen.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
O acceso á documentación é libre coas restricións que, por razón da materia, impón a lexislación vixente ou o estado de conservación.
Transcrito por Andrés Martínez Salazar en: Boletín de la Real Academia Gallega. Colección de Documentos Históricos. Tomo I. p. 113-115 (ver unidades de descrición relacionadas).