Luís Pasín Liñares (Santiago de Compostela, 1934), fillo de Luis Pasín Noya e Carmen Liñares.
Coñecido por ser exconcelleiro de Santiago e por formar parte da familia Pasín, unha das familias máis afectadas pola represión franquista en Galicia, sendo neto do político e sindicalista galego José Pasín Romero.
Historia arquivística
Documentación aportada á fundación por medio dunha doazón do seu propietario, José Pasín Liñares. Inclúe o fondo de seu avó, José Pasín Romero.
Alcance e contido
Copias simples da solicitude de acceso á documentación relativa ás causas instruidas contra José Pasín Romero e seus fillos Modesto e Marcelino Pasín Noya. Inclúe tamén dita documentación.
Relacionado coa orixinal, sinaturizada como: JP-01-07-002 e JP-01-07-003.