A Lei adicional á orgánica do poder xudicial (Real decreto do 14 de outubro de 1882) creou 46 audiencias do criminal en poboacións que non eran capitais de provincia. Entre elas, a de Santiago de Compostela. Dez anos máis tarde, o Real decreto do 16 de xullo de 1892 suprimiunas e reduciunas a unha por provincia, co nome de audiencias provinciais. Este proceso debe contemplarse á luz dos cambios que se introduciron na administración de xustiza durante o derradeiro terzo do século XIX e que se iniciaron coa Lei provisional sobre organización do poder xudicial do 23 de xuño de 1870. Con eles culmina a adaptación da organización xudicial aos principios do Réxime Liberal recollidos na Constitución de 1812, se ben xa baixo os presupostos políticos conservadores que estableceu a Restauración. A Lei orgánica de 1870 introduciu novidades substanciais en materia criminal, ao establecer a única instancia, o xuízo oral e público para determinadas causas e a intervención do xurado para aquelas en que as leis sinalasen penas máis graves. Non obstante, esta última institución foi suprimida en 1882 e restablecida en 1888 (Lei de 20 de abril). En materia procesual, a Lei de axuizamento criminal do 24 de setembro de 1882 (Gaceta de Madrid do 17 de setembro ao 10 de outubro) arrombou definitivamente as prácticas do Antigo Réxime.
Historia arquivística
No ano 1997 identificáronse cinco libros de sentenzas da Audiencia do Criminal de Santiago que ingresaran no Arquivo no ano 1970, entre os que procedían da Audiencia Territorial da Coruña. Posteriormente, no 2009, recibiuse unha nova transferencia, esta vez procedente do Arquivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que incluía outros tres libros da Audiencia do Criminal de Santiago.
Alcance e contido
O fondo só contén unha serie: Libros de rexistro de sentenzas do criminal.
Tipoloxía documental:
Libro de rexistro
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Notas
Nota xeral
Identificación. Datas: faltan os libros correspondentes aos anos 1886 e 1890.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia