O oficios de hipotecas xorden no ano 1768 como froito da Real pragmática do 31 de xaneiro, que ordena a creación dun oficio de hipotecas nas cabezas de partido e de xurisdición que sinalasen as audiencias ou chancelerías. A súa intención era dar publicidade ás cargas dos bens raíces e así evitar o exceso de preitos e fraudes.
Os oficios estaban a cargo dos escribáns de concello, que se encarcagarían de levar, en libros encadernados e foliados como os protocolos notariais, os rexistros independentes de cada vila do distrito, co asento, por anos, dos instrumentos notariais que recollesen hipotecas ou gravames, ou ben a súa liberación ou redención. Os libros tamén tiñan que contar cun índice para facilitar a consulta.
En 1774 o Consello de Castela estableceu a obriga de inscribir os censos e hipotecas feitos perante notario antes de 1768, polo que é posible atopar escrituras moi anteriores.
Estes oficios consolidáronse mediante dúas disposicións fiscais:
- O Real decreto do 31 de decembro de 1829, coa súa instrución complementaria do 29 de xullo de 1830: os oficios pasan a denominarse “contadorías de hipotecas”, froito da creación do imposto chamado “dereito de hipotecas”, porcentaxe que se cobraba sobre a cantidade estipulada na translación dun dominio. Esta taxa debía aboarse no momento da toma de razón da Contadoría.
- O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a súa organización: agora denomínanse “oficinas de rexistro”, dirixidas polos seus antigos oficiais. Este real decreto tamén reorganiza os libros, separándoos por vilas, con distinción entre propiedades rústicas e urbanas; outros para os arrendamentos e os índices correspondentes.
Todos estes libros tiñan que estar foliados e rubricados en todas as follas polo administrador e polo xuíz de primeira instancia do partido.
A Lei hipotecaria do 8 de febreiro de 1861, que crea o Rexistro da Propiedade, suporá a desaparición das contadorías de hipotecas en 1862.
Historia arquivística
Os fondos das contadorías de hipotecas da provincia da Coruña ingresan no Arquivo a partir da Orde ministerial do 14 de decembro de 1957. Os de Ferrol recibíronse primeiro no ano 1958; a segunda parte ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao ARG a documentación procedente desa antiga xurisdición.
Alcance e contido
A documentación das contadorías componse, fundamentalmente, de mandamentos xudiciais; de recibos da recadación do dereito de hipotecas por translación de dominio; de relacións de escrituras de translación de dominio, de arrendamentos e subarrendamentos; de libros rexistro de translación de dominio; libros de toma de razón dos censos, hipotecas e gravames, etc.
A importancia desta documentación permite analizar a evolución xurídica, económica e histórica da propiedade inmoble nun período transcendental da súa historia, ao coincidir coas desamortizacións civís e eclesiásticas de fins do século XVIII e do XIX.
Ademais, a documentación xerada polas contadorías de hipotecas serve de complemento para a notarial e tamén de fonte substitutiva dos protocolos notariais desaparecidos para as escrituras que recollen a transmisións de dominio ou gravames sobre bens inmobles, ademais de ser fonte para o estudo da microtoponimia.
A fraccción de fondo aquí descrita conta cunha soa serie: Libros e cadernos de rexistro de toma de razón dos censos, hipotecas e gravames, con moitos asentos desprendidos dos libros rexistro da antiga Contadoría de Hipotecas de Santa Marta de Ortigueira, tras a constitución dos novos partidos hipotecarios.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Notas
Nota xeral
A maior parte deste fondo está descrito en fichas de papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia