Martín V, papa, confirma a anexión feita polo arcebispo de Santiago de Compostela, Lope de Mendoza, a favor do mosteiro de San Salvador de Cis dos beneficios de Santaia de Probaos, Santiago de Vilamateo, San Xiao de Grixalba, San Martiño de Brabío, Santa Cristina de Cuíña, Santo Estevo de Vicente e Santa María de Cullergondo
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Traslado dun Breve pontificio
Falta o selo.
Acompañan as actas de posesión de cada un destes beneficios:
1426, decembro, 8. Acta de posesión do abade do mosteiro de Cis das tres cuartas partes sinecura da igrexa de San Martiño de Brabío. Papel. 1 f. 37 x 29 cm. Letra cortesá. Galego
1521, maio, 26. Acta de confirmación de posesión de San Xián de Grixalba polo abade do mosteiro de San Martiño de Fóra de Santiago de Compostela. Papel. 2 f. 31 x 23 cm. Letra cortesá. Castelán
1613, febreiro, 6. Acta de confirmación de posesión polo mosteiro de San Martiño de Fóra de Santiago de Compostela da igrexa de Santaia de Probáns o 6 de agosto de 1521. Traslado. Papel. 2 f. 31 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán
1521, agosto, 7. Acta de confirmación de posesión da igrexa de Santo Estevo de Vivente por parte do abade de San Martiño de Fóra de Santiago de Compostela. Papel. 1 f. 29 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán.
Outro exemplar do documento anterior. Papel, 2 f. 29 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán
1426, decembro, 8. San Martiño de Brabío. Acta de posesión do abade do mosteiro de San Salvador de Cis das tres cuartas partes sinecura da igrexa de San Martiño de Brabío. Pergamiño. 435 x 370 mm. Letra cortesá. Galego
1518, agosto, 9. San Martiño de Brabío. Acta de confirmación de posesión da igrexa de San Martiño de Brabío polo abade do mosteiro de San Martiño de Fóra de Santiago de Compostela. Papel. 1 f. 28 x 20 cm. Letra cortesá Castelán
1521, agosto, 7. San Martiño de Brabío. Acta de confirmación de posesión de San Martiño de Brabío polo abade do mosteiro de San Martiño de Fóra de Santiago de Compostela. Papel. 2 f. 30 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán
1521, agosto, 6. Santa María de Cullergondo. Acta de confirmación de posesión de Santa María de Cullergondo. Papel. 2 f. 29 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán
1521, agosto, 7. Santa María de Cuíña. Acta de confirmación de posesión de Santa María de Cuíña. Papel. 2 f. 31 x 22 cm. Letra cortesá. Castelán
1433, febreiro, 18. Betanzos. Escritura de recoñecemento de posesión do beneficio de Santo Estevo de Vivente ó mosteiro de San Salvador de Cis, outorgada por Juan da Riba, crego morador de Betanzos. Papel. 1 f. 29 x 21 cm. Letra cortesá. Galego
Condicións de acceso
Lingua:
Latin
Escritura:
Gótica
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Presenta leves lagunas no texto en determinadas partes nas que as tintas están mais esvaecidas