A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas; e despois, a súa definitiva desaparación en 1849, en que os novos gobernadores de Provincia, asumen, sequera nominalmente, as súas competencias. A nivel territorial, no caso ourensán, o Subdelegado de Rentas, baixo a dependencia xerárquica do Intendente, realizaba as mismas funcións que este na provincia, fundamentalmente de carácter facendístico.
Historia arquivística
A documentación formaba parte do arquivo da Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Ourense e ingresou no arquivo o 9 de setembro de 1961.
Alcance e contido
Contén: Libro persoal de leigos 1ª parte, libro persoal de leigos 2ª parte, libro persoal de leigos 3ª parte, libro
persoal de eclesiásticos 1ª parte, libro persoal de eclesiásticos 2ª parte, libro persoal de eclesiásticos 3ª parte, libro real de leigos 1ª parte. Tomo I, libro real de leigos 1ª parte. Tomo II, libro real de leigos 2ª parte, libro real de leigos 3ª parte, libro real de eclesiásticos 1ª parte, libro real de eclesiásticos 2ª parte, libro real de eclesiásticos 3ª parte.
Esta xurisdición dividiuse en tres partes. A primeira integraba a parroquia de Santa María de Amoeiro, parte das parroquias de Parada, Punxín, Fontefría e San Cibrao de Rouzós, toda a parroquia de San Xoán de Sobreira, unha parte da parroquia de San Román de Viña, algunhas terras infrutiferas de Santiago de Vilamarín, a maior parte das parroquias de San Martiño de Córnoces e de San Pedro de Trasalba e unha pequena parte da parroquia de San Miguel de Armeses. A segunda parte englobaba un ramo da parroquia de Oseira e o couto de Biduedo e parte das parroquias de San Cibrao de Castrelo e de Santa Baia de Pereda. A terceira parte abarca a parroquia de San Xoán de Barrán (Badín, Arenteiriño, Senderiz e Senra).
Esta xurisdición estendíase por parte dos actuais concellos de: Amoeiro, Maside, San Cristovo de Cea, Vilamarín e Piñor.
Esta xurisdición estaba baixo o señorío do conde de Ribadavia.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
O índice e o claseo do libro de real de leigos, 1ª parte, non se poderán consultar xa que están moi afectados polas tintas ferrogálicas.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Toda reprodución devengará o prezo público establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia, conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, atópanse libros correspondentes a cidade de Ourense e ao lugar e partido de Francelos que foron realizados de acordo coa Real Instrución do 15 de decembro de 1760. Tamen no Arquivo Histórico Nacional e no Arquivo de Simancas se conserva documentación realizada no proceso de elaboración do Catastro de Ensenada. Así mesmo, nos arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra atopamos libros que atinxen á actual provincia de Ourense.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Copia do interrogatorio Código/s de referencia/signaturas: AGS.CE.RG.L228
Notas
Nota á área de documentación asociada
O interrogatorio non se conserva no AHPOu, pero existe unha copia no Archivo General de Simancas (AGS.CE.RG.L228) que pode ser consultada no Portal de Archivos Españoles (enderezo electrónico: pares.mcu.es).