A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas; e despois, a súa definitiva desaparación en 1849, en que os novos gobernadores de Provincia, asumen, sequera nominalmente, as súas competencias. A nivel territorial, no caso ourensán, o Subdelegado de Rentas, baixo a dependencia xerárquica do Intendente, realizaba as mismas funcións que este na provincia, fundamentalmente de carácter facendístico.
Historia arquivística
A documentación formaba parte do arquivo da Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Ourense e ingresou no arquivo o 9 de setembro de 1961.
Alcance e contido
Contén: Libro interrogatorio, libro persoal de leigos, libro persoal de eclesiásticos, libro real de leigos (tomo I), libro real de leigos (tomo II), libro real de leigos (tomo III), libro real de eclesiásticos.
A cidade de Ourense estaba baixo a xurisdición de reguengo. Na actualidade este territorio integraría a cidade de Ourense e a parroquia de San Bieito de Cabeza de Vaca.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Toda reprodución devengará o prezo público establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Libro interrogatorio realizado con arreglo a nova real instrucción do 15/12/1760 Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.5.2.1.6. Libro 257bis
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Copia notarial do libro interrogatorio Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.5.2.1.6. Libro 256
Existencia de copias: Copia notarial do libro real de leigos Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.5.2.1.6. Libro 257
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas da ciudade de Ourense efectuado por decreto de decembro de 1760 para o establecemento da Única Contribución. Localización (Código de arquivo): ES.47161.AGS Código/s de referencia/signaturas: DGR,1RE,974,9 Expediente de comprobación do Catastro da Ensenada da cidade de Ourense
Notas
Nota á área de contexto
A xurisdición da cidade de Ourense, de reguengo, estaba integrada pola cidade, Cabeza de Vaca e varias granxas. O interrogatorio sinala que dentro da cidade o bispo exerce, a través do seu alcalde maior, a xurisdición temporal pertencente aos seus coutos e lugares; ao igual que o abade da Real Abadia da Santísima Trindade quen, a través do seu alcalde maior exerce a xurisdición temporal dos coutos da Abadía.
Nota á área de documentación asociada
No fondo do concello de Ourense existe copia notarial do interrogatorio (L-256) e do libro real de leigos (L-257), así mesmo neste fondo consérvase o interrogatorio realizado con arreglo a nova real instrución do 15/12/1760 (L-257bis)