1. Fragmento dun códice das Siete Partidas do rei Afonso X «O Sabio» en galego. O folio contén as leis 19 a 26 do Título II da Partida Terceira.
2. Anotacións manuscritas en letra cortesá no verso do folio, marxes inferior (estas raiadas) e esquerda.
Incipit: «demandado de entregarlle aquella cousa e demays pey- / tarlle o danno que prouar que aueo en ella, por sua culpa / ou por seu enganno».
Explicit: «Outrossí dizemos que, se alguno quisesse demandar / villa ou castello ou aldea ou outro lugar sinalado, / que auonda que diga que demanda aquel lugar dizendo / sinaladamente qual con todos seus terminos e con todas».
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Escritura:
Gótica
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Presenza dalgunha rotura que non impide a lectura. Marcas de dobrado á altura das liñas 30-31 (lembrar que o pergameo foi recortado pola marxe superior), que imposibilitan a lectura dalgunhas palabras na columna da dereita, no verso do folio. Tinta vermella lixeiramente esvaecida no verso.
Organización da páxina:
2 columnas
Número de liñas: 53. Falta parte superior
Intercolumnio: 17 mm.
Marxes:
- Inferior: 36-42 mm
- Externa: 11-19 mm
Nota á área de condicións de acceso e utilización
- Letra gótica libraria de tendencia caligráfica. Probablemente do século XIV (primeira metade?) pola súa tendencia vertical e a presenza de hastís e caídos de reducida lonxitude (“z” en forma de 3 que supera a liña de base da escrita), xunto a unha afluencia relativamente frecuente de abreviaturas.
- Tinta marróns e vermella.
- Títulos de cada lei en tinta vermella.
- Maiúsculas decoradas con retoques en tinta vermella.
-Letras capitais, iniciais do contido de cada precepto, en tinta vermella e azul (corpo nunha cor e decoración na outra de xeito alterno). Con dúas unidades de pauta de altura e unha anchura mínima de 14 mm., sobresaíndo da caixa de escritura pola esquerda.
- Caldeiróns en tinta azul e vermella alternativamente.