Ao tratarse Galicia dunha zona vinculada ao bando nacional desde época temperá os expedientes de responsabilidade son tramitados desde o ano 1937. Nesas datas aínda non existían os Xulgados instrutores Provinciais, que serán creados a partir de febreiro de 1939.
Unha vez creada a Comisión Provincial de Incautación de Bens de Ourense, está será a encargada de instruír os expedientes de responsabilidade civil. Para iso dita comisión nomea como xuíz de instrución a Juan Herrera Reyes, titular do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, achegándolle os expedientes instruídos ata ese momento polo Xulgado Militar Especial.
En 1939 créanse os distintos tribunais de responsabilidade política e a partir dese momento as comisións e demais autoridades que ata o de agora interviñan en materia de incautacións e responsabilidades civís envian toda a documentación ás novas autoridades que serán as encargadas de continuar coa súa tramitación.
Os expedientes de responsabilidade política que se tramiten a partir deste intre manterán o mesmo número que xa tiñan asignado como expediente de responsabilidade civil, formando a partir deste intre unha única serie documental.
Historia arquivística
Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.
Alcance e contido
Dilixencias instruídas contra as seguintes persoas: Emilio Salgado; Manuel Filgueira; Serafín Pérez; Victorino Pesa Janeiro; Encarnación Cortijo Diz; Florentino Cortijo Cortijo; Jovita Gil Cerdeira; Armando Damián Pérez; José Rodríguez Gómez; Benito Rodríguez Crespo; Evaristo Carballo Novoa; Edelmiro Prado Espiñeira; José Prado Espiñeira; Felisindo Álvarez Xesteira; Aquilino Sánchez Rodríguez; Dositeo Novoa Bravo.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Sergio Fernández Lago, Edelmiro Prado Espiñeira, Evaristo Tizón Rodríguez e Ramiro Francisco Pereira. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7199/08
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de José Benito Fraguas Puga, José Fuentes Ro-dríguez, Leonardo Álvarez Fernández, Aquilino Sánchez Rodríguez, Juan Barreiro Pérez, Manuel Lorenzo González e Camilo González González. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7204/06
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Edelmiro Prado Espiñeira e otros Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7204/05