Ao tratarse Galicia dunha zona vinculada ao bando nacional desde época temperá os expedientes de responsabilidade son tramitados desde o ano 1937. Nesas datas aínda non existían os Xulgados instrutores Provinciais, que serán creados a partir de febreiro de 1939.
Unha vez creada a Comisión Provincial de Incautación de Bens de Ourense, está será a encargada de instruír os expedientes de responsabilidade civil. Para iso dita comisión nomea como xuíz de instrución a Juan Herrera Reyes, titular do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, achegándolle os expedientes instruídos ata ese momento polo Xulgado Militar Especial.
En 1939 créanse os distintos tribunais de responsabilidade política e a partir dese momento as comisións e demais autoridades que ata o de agora interviñan en materia de incautacións e responsabilidades civís envian toda a documentación ás novas autoridades que serán as encargadas de continuar coa súa tramitación.
Os expedientes de responsabilidade política que se tramiten a partir deste intre manterán o mesmo número que xa tiñan asignado como expediente de responsabilidade civil, formando a partir deste intre unha única serie documental.
Historia arquivística
Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.
Alcance e contido
Dilixencias instruídas contra as seguintes persoas: Higinio Rodríguez Mármol; Claudio Meire González; Primo Villarino González; Julio Castro Dacal; Manuel Pérez Blanco; Antonio Fernández Vences; Manuel Cid Solveira; Serafín Feijóo Fernández; Felisindo Feijoó Blanco; José María Rivero Prada; Juan Cid Solveira; Jesús Dios Dios; Vicente Cid González; Modesto Clemente; Bernardino Feijóo; Eligio Estévez Meleiro; José Prada Nogueiras; Antonio Prada Nogueiras; José Ferreiro Lamas; Juan Ferreiro Dobaño.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Malo
Descrición do estado de conservación:
Presenta manchas de humidade, fungos e rotos
A humidade afectou, nalgúns puntos, á consistencia do papel.
Documentación relacionada
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Higinio Rodríguez Mármol. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/32
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Primo Villarino González. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7184/01
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Antonio Fernández Vences. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/30
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Serafín Feijóo Fernández. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/29
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Juan Cid Solveira. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/31
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Eligio Estévez Meleiro. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7194/02
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de José Ferreiro Lamas. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/27
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Juan Ferreiro Dobaño. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/28
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Manuel Pérez Blanco. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/25
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de Modesto Clemente Colmenero. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/26
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de responsabilidades políticas de José María Rivero Prada. Localización (Código de arquivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.2.//7183/33