Carta de Ángel de Castillo, como presidente da Universidad Popular de A Coruña, para Santiago Casares Quiroga, como xefe da maioría republicana do concello da Coruña, solicitando que, nos próximos orzamentos municipais, se inclúa unha subvención para esa universidade
Santiago Casares Quiroga foi elixido, en novembro de 1911, concelleiro da Coruña, e nomeado sexto tenete de alcalde. Nas eleccións de novembro de 1913 accedeu á terceira tenencia da alcaldía. No ano 1915 volveu ser elixido e foi nomeado síndico.
Historia arquivística
O fondo ingresou no Arquivo por depósito do Estado trala sentenza do 7 de marzo de 1940 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas contra Santiago Casares Quiroga, que o declarou incurso en responsabilidade impoñéndolle 15 anos de inhabilitación absoluta, 15 de estranamento e a perda total do seus bens e da nacionalidade.
Alcance e contido
Acompaña: relación dalgúns traballos e actividades realizadas pola Universidade Popular da Coruña