O Decreto do 29 de abril de 1944, polo que se establece a nova ordenación da Fronte de Xuventudes, define o Departamento de Oficialía Maior da Fronte de Xuventudes como o organismo central burocrático que, dependendo do Mando Nacional, regulamenta e tramita todas as actividades da organización. Consta dos seguintes servizos:
a) Correspondencia
b) Suplemento de Ordes
c) Persoal
d) Estatística
e) Rexistro
f) Arquivo
h) Sala de Máquinas
i) Servizo Xurídico
As Normas do 27 de decembro de 1945 establecen a organización e funcionamento dos diferentes servizos da Oficialía Maior.
O Decreto do 15 de outubro de 1956 establece que a partir dese momento, a Oficialía Maior se denomine Departamento Nacional de Organización e Persoal, cuxo nome no eido provincial será o de Servizo de Organización e Persoal.
Historia arquivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance e contido
Corre xunta correspondencia entre a Delegación Nacional e a Delegación Provincial da Coruña da Fronte de Xuventudes, sobre medicación e ingreso en sanatorios dos "camaradas" (1952)
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación. Tamén hai unha caixa con fotografías
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Hai unha parte da documentación xa descrita que conta cun Inventario en fichas (Ficheiro 343). Pode considerarse como relacionada a documentación das institucións do Movemento Nacional: Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos, Delegación Provincial da Sección Feminina e de Asociacións / Familia. Tamén é documentación complementaria a da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura, da Consellería de Cultura e da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
Notas
Nota xeral
Das 16 unidades de instalación, 11 están compartidas con outras series