Poder outorgado polo Rey D. Enrique II a favor de Martin Eanes, Xuíz do reino de León, para que coñeza dos preitos e demandas de todas as vilas e lugares de Galicia cos arrendadores das moedas diezmos e alfolís do devandito reino: sentenza do citado xuíz contra os mencionados arrendadores, a favor dos veciños do concello de Ortigueira por canto estes eran todos fillosdalgo notorios e como tales exentos de pagar peitos nin tributos: e confirmación de dita sentencia por D. Juan.
Don Federico Maciñeira y Pardo de Lama, naceu o 3 de setembro de 1870 en Santa María de Mogor (Mañón, A Coruña). Desde moi novo ocupouse da explotación das súas propiedades, acometendo a modernización e renovación da súa herdade, e influíndo sobre o resto da comarca, promovendo, propulsando e organizando exposicións agrícolas, concursos de gando, introducindo adiantos en maquinaria agropecuaria e fomentando a actualización da arboricultura e pesca, temas aos que dedica numerosos traballos.
Asumiu responsabilidades políticas, sendo alcalde de Ortigueira e deputado por ese termo. O seu interese pola comarca natal reflectiuse na súa faceta como cronista e xornalista, fundando o Boletín Oficial do Concello de Ortigueira en 1916 e dirixindo os xornais El Ortegano e El Cabo Ortegal. En 1892 é nomeado cronista oficial de Ortigueira e posteriormente xefe superior da Administración Civil.
Como investigador destacou pola súa aplicación de modelos novos para a práctica arqueolóxica, rompendo cos utilizados polos seus contemporáneos, mantendo importantes relacións profesionais con investigadores como Hübner e Leite de Vasconcelos. Meritorios traballos en temática arqueolóxica e antropolóxica foron publicados no Boletín da Real Academia da Historia, A Ilustración Española e Americana e outras revistas. Figura entre os seis españois asistentes á XII sesión do Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía de París en 1900; a súa disertación no Ateneo de Madrid sobre os seus descubrimentos arqueolóxicos no Ortegal tivo gran resonancia, pero foi en Barcelona, no Congreso Internacional de 1929 onde causou profunda impresión con Relacións entre Galicia e Inglaterra nas épocas prehistóricas. Por mor deste traballo o Goberno concede unha asignación para realizar escavacións no porto de Bares. Durante medio século dedicarase sen descanso ao seu estudo, froito do cal verá a luz a súa obra máis coñecida, Bares: porto hispánico da primitiva navegación occidental, publicada póstumamente en Madrid (1947).
Federico Maciñeira falecería en Ortigueira o 25 de xaneiro de 1943.
Historia arquivística
O 4 de maio de 2015, D. Federico Maciñeira Teijeiro fixo entrega a D. José Carlos Breijo Rodríguez, Cronista oficial de Ortigueira, de diversa documentación do seu avó, D. Federico Maciñeiira y Pardo de Lama, para que fose conservada e custodiada no Arquivo histórico municipal de Ortigueira.
A maior parte da documentación entregada pertencía orixinalmente ao arquivo municipal e fora custodiada por D. Federico Maciñeira Pardo de Lama e os seus descendentes ata o momento da súa reincorporación ao citado arquivo.
Outra parte era a relacionada cos traballos de investigación de D. Federico Maciñeira, sendo esta a que se recolle neste fondo.
D. Federico Maciñeira Teijeiro tamén fixo doazón de gran parte dos escritos publicados polo seu avó nas revistas e xornais da época, permanecendo estes custodiados na Biblioteca municipal de Ortigueira e descritos no seu catálogo.
Alcance e contido
Artigo publicado na Colección de Documentos históricos do Boletín da Real Academia Galega cunha nota de Federico Maciñeira que di o seguinte:
Este documento publiqueino e o meu primeiro libro Crónicas de Ortigueira, editado na Coruña en 1892. E carecendo de iniciación paleográfica, así como de todo xénero de elementos de consulta neste pobo cando aos dezanove anos de idade lanceime, coa inexperiencia dos poucos anos e falta de preparación, á empresa de investigar a historia de Ortigueira, saíu con bastantes e importantes incorrecciones. Sometido agora a unha nova e coidadosa transcrición, por persoa tan versada na materia como don César Vaamonde, reprodúcese no Boletín a fin de salvar de perda total este interesante instrumento medieval, de suma importancia para o coñecemento dos vellos anais ortigueireses.