O artigo 34 do Decreto do 10 de outubro de 1958, que regula as atribucións e deberes dos gobernadores civís, di que "corresponderá ao gobernador exercer o protectorado de todas as institucións benéficas privadas na provincia, tutelando os dereitos de padroado e adoptando as determinacións que a lexislación de beneficencia sinale". Por Orde do 24 de xullo de 1961, que aproba o Regulamento provisional dos gobernos civís, prodúcese unha mudanza no organigrama desta institución que afectará a materia de beneficencia. Segundo o seu artigo18, a competencia atribuída ao gobernador exercerase fundamentalmente por medio da Xunta Provincial de Beneficencia. Ademais, o Negociado de Beneficencia manterá unha estreita relación coa Secretaría da dita Xunta. Este negociado porá os medios para que o gobernador poida alcanzar unha serie de fins entre os que destacan os seguintes puntos:
2. "Coordinación, no ámbito provincial, da acción da beneficencia do Estado, Movemento, provincia, municipios e da Igrexa".
5. "Inspección, tutela e intervención na beneficencia particular".
6. "Acordos da Xunta Provincial de beneficencia".
Por Decreto do 15 de febreiro de 1968, a Xunta Provincial de Asistencia Social sucede a de Beneficencia e establécese a existencia dunha Sección de Asistencia Social nos gobernos civís na que se integrará a Secretaría da Xunta.
O Decreto do 3 de agosto de 1972, que estrutura esta sección, outórgalle carácter de negociado á devandita secretaría e créanse estoutros negociados: Información e Coordinación; Asistencia Privada; Asistencia Xeral; Inspección e Asesoramento de Institucións e Establecementos. Este mesmo decreto, no seu artigo 3, suprime o Negociado de Beneficencia dos gobernos civís. Finalmente, a Orde do 25 de xuño de 1978 da Presidencia do Goberno transfire as competencias atribuídas aos gobernadores civís e xuntas provinciais de Asistencia Social ás delegacións territoriais do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social.
XUNTA PROVINCIAL DE BENEFICENCIA: Esta Xunta ten o labor de orientación xeral e de coordinación atribuído no ámbito nacional ao Consello Superior de Beneficencia e Obras Asistenciais. Así mesmo, correspóndelle promover, orientar e coordinar as iniciativas que se desenvolvan no campo benéfico-asistencial. A Xunta poderá delegar nunha comisión permanente as funcións que considere oportunas. Está presidida polo gobernador civil. A partir de 1968 denominarase Xunta Provincial de Asistencia Social, en virtude do Decreto 246/1968 do 15 de febreiro, polo que se crean as xuntas provinciais de Asistencia Social con idénticas funcións que a extinguida Xunta Provincial de Beneficencia.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Conservamos escasa documentación producida por esta subsección, aínda que o período cronolóxico que abrangue é bastante amplo. De feito, soamente temos tres series: a de Expedientes de solicitude de internamento de enfermos mentais (que, dependendo do período cronolóxico, é compartida por Autorizacións Administrativas); Libros de actas e Libros de saída de documentos da Xunta Provincial de Beneficencia.
Condicións de acceso
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota xeral
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.