A Ordenanza Xeral de Presidios de 1834 atribúe á administración civil a execución das penas de privación de liberdade. Pero é na segunda metade do século XIX cando a cuestión penitenciaria adquire maior relevancia. A Lei de 26 de xullo de 1849 establece un réxime xeral de prisións, cadeas e casas de corrección baixo a dependencia do Ministerio da Gobernación. A partir da Ley de Presupostos de 1887, pasarán a depender da Dirección Xeral de Establecementos Penais do Ministerio de Graza e Xustiza.
O Real Decreto de 5 de maio de 1913 é un verdadeiro código penitenciario español e senta as bases do dereito carcerario español. Reorganiza o réxime de funcionamento do corpo de prisións e estrutura os seus servizos. As prisións provinciais estarán situadas nas cabezas de provincia e, amais de exercer as mesmas funcións que as prisións de partido (é dicir, de prisión preventiva, mentres se substancie o sumario), serven de cárcere de Audiencia (é dicir, para recluír a aqueles para os que xa finou o sumario, ata que son postos en liberdade, absoltos ou condenados, ou para cumprir condenas).
Despois da Guerra Civil, e co fin de unificar criterios, publicouse o Real Decreto de 5 de marzo de 1948, que contén un novo regulamento, substituído por outro de 2 de febreiro de 1956, que achega poucas novidades.
O Real Decreto 1201/1981, de 8 de maio, aproba un novo regulamento que desenvolve a Lei Xeral Penitenciaria 1/1979, de 26 de setembro. Posteriormente foi aprobado o Real Decreto 190/1996, de 9 de maio.
O precedente da Prisión Provincial de Lugo é o cárcere de Armañá, que data da segunda metade do século XVIII, pero que na segunda metade do século XIX xa non tiña cabida nin condicións para albergar a presos, e do que se producían frecuentes fugas. A Prisión Provincial de Lugo foi inaugurada en 1887, fóra da muralla. É un edificio deseñado por Nemesio Cobreros que os seus contemporáneos consideraban descomunal pero de estimable factura. Esta prisión foi substituída polos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. O Centro Penitenciario de Bonxe foi construído en 1981. O de Monterroso foi inaugurado en 1985 como prisión para reclusos novos.
Historia arquivística
Esta documentación chegou ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo mesturada coa de varias prisións de partido e dos destacamentos penais do Courel e Toiriz en dúas ocasións.
A primeira parte, que contén toda a documentación administrativa, foi recollida polo arquivo en 1989 tras aparecer abandonada no edificio do antigo cárcere do partido de Lugo. Probablemente quedou tralo traslado da prisión a Bonxe debido ao seu deficiente estado de conservación.
Posteriormente, no ano 2003, o Centro Penitenciario de Bonxe transferíu 220 caixas de expedientes procesuais de penados, tanto da Prisión Provincial como doutras de partido.
Alcance e contido
Causa nº 75/1946 do Xulgado Especial de Espionaxe e Outras Actividades da Coruña. Trasladado á Prisión Provincial da Coruña
Condicións de acceso
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Esta documentación compleméntase coa das prisións de partido custodiada neste arquivo. A documentación máis moderna custódiase nos Centros Penitenciarios de Bonxe e Monterroso.