Aparece estruturada como negociado dentro da Sección de Coordinación e Relacións Públicas na Orde do 24 de xuño de 1961. Á súa vez, este negociado aparece dividido nunha serie de asuntos que nos amosan o seu contido funcional: datos xerais das entidades locais; constitución e alteración desas entidades; facendas locais; bens, obras e servizos, etc.
No Real decreto 2669/1977, de organización dos gobernos civís, aparece como unha das unidades básicas que están baixo a dependencia do secretario xeral. Correspóndenlle as funcións de relacións coas entidades da Administración local e un conxunto de competencias como a asistencia técnica e ao gobernador nestas materias, a Secretaría da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais e outras funcións que lle sexan atribuídas.
Na Orde de desenvolvemento do 13 de decembro dese mesmo ano encontramos a Sección de Administración Local.
O Real decreto 3117/1980, Estatuto dos gobernadores civís, incide novamente nestas facultades do gobernador en relación coa Administración local. Así, establece que entre outras facultades está a de actuar como órgano de comunicación e colaboración entre a Administración civil e as locais e provinciais, mais a de coordinar todos os órganos da Administración civil coa local, de forma directa ou a través da Comisión de Goberno.
A situación complícase a partir do ano 1982. O Real decreto 136/1982 establece que baixo a autoridade do gobernador existirá en cada provincia unha Dirección Provincial de Administración Territorial, integrada organicamente no Goberno Civil e dependente funcionalmente do Ministerio de Administración Territorial. Así mesmo, indica que dependerá do director provincial unha Xefatura Provincial de Administración Local.
A Orde do 29 de marzo de 1982 desenvolve o anterior:
- Sinala as funcións das direccións provinciais.
- A Xefatura de Administración Local terá nivel orgánico de sección, con dous negociados.
- Indica que serán amortizados unha serie de negociados correspondentes aos servizos e seccións de Administración local; o resto quedarán integrados na estrutura orgánica dos gobernos civís.
Así, na Orde do 25 de xuño de 1982, pola que se estruturan as secretarías xerais, xa non se menciona esta unidade como dependente das secretarías, aínda que como indican as normas anteriores, seguiu a ser unha competencia do Goberno Civil.
O Real decreto 1223/1983 indica que se suprimirán as direccións provinciais do Ministerio de Administración Territorial, supresión que se fai efectiva co Real decreto 490/1986; as súas funcións pasan a ser exercidas por unidades administrativas encadradas organicamente no Goberno Civil.
RELACIÓNS CO SERVIZO DE INSPECCIÓN E ASESORAMENTO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS. UBAL. O Decreto do 16 de decembro de 1950, texto articulado da Lei de réxime local [Tít. IV, art. 354-360] crea o Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais (SNIACL) , consonte o establecido na Lei de bases do réxime local de 1945. Este órgano consta cun Servizo Central e outros provinciais dependentes del; á fronte deles estarán, respectivamente, o xefe superior do Servizo Central (desempeñado polo director xeral de Administración Local do Ministerio da Gobernación / do Interior) e os xefes provinciais.
O Decreto do 24 de xuño de 1955, que aproba o texto articulado e refundido da Lei de bases do réxime local, establece no seu artigo 356.6 que “as xefaturas provinciais, baixo a superior autoridade do Goberno civil, dependerán do Servizo Central”. As funcións básicas dos servizos provinciais, que se corresponden cos nomes das súas seccións, son:
1. Asesoramento e inspección.
2. Económico- administrativo.
3. Recollida de datos estatísticos de corporacións locais (a partir da Orde do 21-2-1962).
Aínda que correspondía aos gobernadores civís a xefatura da Administración local en cadansúas provincias , as visitas que ordenaba debían ser realizadas polos servizos provinciais do SNIACL. Este, por tanto, era un instrumento de control do Estado sobre as corporacións locais.
Cando a través do Real decreto lei 34/77, do 2 de xuño, se crea a Comisión Nacional (e as provinciais) de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, os xefes provinciais intégranse nela como membros con voz pero sen voto. Na súa disposición final segunda establece que “os servizos provinciais de inspección e asesoramento das corporacións locais intégranse no Goberno Civil, pasando a constituír as súas unidades básicas de Administración local”. Xa que logo, esta orde senta as bases da UBAL.
A través do Real decreto 1085/78, do 14 de abril, os servizos de inspección e asesoramento das corporacións locais pasan a depender orgánica e funcionalmente dos gobernos civís. Finalmente son suprimidos co Real decreto 2856/78, do 1 de decembro, e as súas funcións asumidas pola UBAL.
Mediante o Real decreto 708/79, do 5 de abril, créase o Ministerio de Administración Territorial, que asume as unidades e as competencias da Dirección Xeral de Administración Local (pasa do Ministerio do Interior a estoutro).
O Real decreto 999/79, do 27 de abril, de estrutura do novo ministerio, establece unha dobre dependencia das unidades básicas da Administración local: por unha banda, intégranse organicamente nos gobernos civís; por outra, dependen funcionalmente do Ministerio de Administración Territorial.
A actividade que desenvolveu a UBAL centrouse en dous aspectos: recoller os datos estatísticos das corporacións locais e coordinar e inspeccionar a súa actividade financeira. Durante estes anos prodúcese unha perda de competencias e funcións dos órganos periféricos do Ministerio de Administración Territorial en materia local. Deste xeito, a curta vida da UBAL explicaríase polo feito se xurdir nesta época de transición e reordenación da Administración.
O Real decreto 136/82, do 1 de febreiro, crea l¡as Direccións Provinciais de Administración Territorial, integradas polas Unidades Básicas de Administración Local e as seccións de Administración Local dos gobernos civís que exercían funcións de información, estatística e colaboración coas entidades locais.
Unha orde conxunta do Ministerio de Administración Territorial e do Ministerio do Interior, do 29 de marzo de 1982, que establece a nova estrutura dos servizos periféricos da Administración central, establece a estrutura das novas direccións provinciais de Administración territorial, con nivel orgánico de sección e con dous negociados (Estatísticas de Entidades Locais e Cooperación Territorial). Hai unha continuidade respecto á UBAL. As novas direccións provinciais de Administración territorial seguen a ter unha dobre dependencia: orgánica, respecto ao gobernador civil, e funcional, respecto ao Ministerio de Administración Territorial.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Expedientes tramitados co fin, ben de proporcionar ou solicitar información, ben de comunicar incidencias, ademais de reclamacións e denuncias presentadas por persoas físicas ou xurídicas perante o concello correspondente ou o Goberno Civil e remitidas, ao Goberno Civil, para que este cumpra as súas funcións en relación coas entidades locais (actuación como órgano de comunicación e colaboración entre a Administración civil do Estado e as administracións locais, asistencia técnica e administrativae inspección).
Condicións de acceso
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Estos son los originales
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Véxanse as fraccións de serie correspondentes en: Período ata 1941: 2.3. ADMINISTRACIÓN LOCAL- Expedientes de concellos. Período 1941-1961: 2.2. NEGOCIADO 10. ADMINISTRACIÓN LOCAL- Expedientes de concellos. Período 1961-1977: 2.1.4. NEGOCIADO DE ADMINISTRACIÓN LOCAL- Expedientes de concellos.- Expedientes de varios concellos. Período 1977-1982: 2.2. SECCIÓN DE ADMINISTRACIÓN LOCAL- Expedientes de concellos
Notas
Nota xeral
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.