Expediente de remisión, por parte do Goberno Civil da Coruña ao Ministerio de Obras Públicas, dun oficio da Deputación Provincial da Coruña no que solicita que se abran varios camiños de acceso ás estacións de ferrocarril do partido de Ordes
A Secretaría Xeral está presidida por un secretario xeral a quen lle corresponde a xefatura de persoal e réxime interior, ademais da dirección, despacho e proposta de resolución dos asuntos ordinarios e a coordinación das unidades orgánicas do Goberno Civil.
Tomamos como punto de partida o decreto do 10 de outubro de 1958 que fortalecía notablemente a dimensión administrativa do Goberno Civil. Este decreto vai ser desenvolvido pola Orde do 24 de xullo de 1961, que aproba o Regulamento provisional dos gobernos civís e establece o seu primeiro organigrama xerarquizado en seccións e negociados. No regulamento tamén se indica que, baixo a xefatura superior do gobernador haberá un secretario xeral en cada Goberno Civil; e que poderá existir o cargo de vicesecretario xeral nas provincias en que se considere preciso.
Con autorización do Ministerio da Gobernación e mediante resolución publicada no BOP, o gobernador poderá delegar no secretario xeral aquelas funcións que non impliquen o exercicio da autoridade esencial atribuída ao cargo. En ningún caso poderán ser delegadas as funcións seguintes:
- Suspensión de acordos adoptados polas delegacións doutros ministerios.
- Suspensión de acordos das corporacións locais.
- Incoación e resolución de expedientes disciplinarios a funcionarios.
- Imposición de multas de gradación discrecional (salvo que o gobernador sinale con precisión límites máximos); exacción de multas por vía de constrinximento e imposición de arrestos substitutorios.
- Concesión ou denegación de autorizacións para demoler edificios destinados a vivendas; orde de alugar obrigatoriamente os locais susceptibles de ser ocupados como vivenda e peticións de desafiuzamento ao Ministerio Fiscal.
- Proposta de cuestións de competencia.
Con autorización do gobernador, o secretario poderá delegar no vicesecretario as funcións que estime procedentes. Correspóndelle ao vicesecretario:
- Substituír o secretario xeral nos casos de vacante, ausencia e enfermidade.
- Exercer as funcións que nel delegue o secretario xeral.
- Colaborar co secretario xeral na dirección e coordinación dos servizos do Goberno Civil e inspeccionar a súa marcha.
- Desempeñar a xefatura nunha das seccións cando non haxa funcionario titular .
- Calquera outro cometido que lle poida ser encomendado.
Posteriormente, por medio do Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, regúlase a estrutura orgánica dos gobernos civís. O artigo 3 establece que en cada Goberno Civil haberá un secretario xeral de quen dependerán administrativa e funcionalmente todos os servizos do Ministerio do Interior na provincia respectiva, con exclusión dos corpos e forzas da orde pública, sen prexuízo da superior autoridade do gobernador civil. Será nomeado por orde do Ministerio do Interior entre funcionarios de carreira da Administración civil do Estado e de acordo coas previsións que se establezan nos cadros de persoal do departamento.
Baixo a dependencia do secretario xeral, os gobernos civís estruturaranse en unidades básicas.
Haberá un vicesecretario cuxo posto se proverá entre funcionarios da Administración civil do Estado. A estrutura orgánica será desenvolvida pola Orde do 13 de decembro do mesmo ano, que fixa un novo organigrama que xa non vai ser uniforme para todo o territorio nacional, senón que se axeitará á importancia da provincia. Chegamos así á Orde do 25 de xuño de 1982 pola que se establece a estrutura das secretarías xerais dos gobernos civís e, como na orde anterior, as provincias divídense en diversas categorías.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Expedientes que, ben son tramitados polo secretario xeral por ser do seu interese ou de gran transcendencia social, ben son simples fotocopias doutros que o secretario remite ao seu correspondente negociado para seren tramitados, en función da materia de que se trate.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Restrinxido: aínda que en xeral é libre, débese valorar cada caso porque en ocasións aparecen datos de antecedentes penais, documentación clasificada como confidencias, atestados, etc.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Pode tratarse dos expedientes orixinais ou de copias doutros tramitados en distintos negociados do Goberno Civil.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Para o período 1977-1982 véxase na sección 2. SECRETARÍA XERAL, as fraccións de serie correspondentes- Expedientes de correspondencia de Secretaría Xeral (1979-1981).- Correspondencia do secretario xeral con diversos organismos (1982).- Expedientes de correspondencia do secretario xeral sobre asuntos de réxime interior (1981-19826
Notas
Nota xeral
Entre estes expedientes hai documentación que podería pertencer ás outras series identificadas como dependentes directamente da Secretaría Xeral; pero neste caso, aparece mesturada con documentación de moi diversa índole. Entre moitos outros, hai expedientes sobre folgas, manifestacións, catástrofes marítimas, etc