A Chart of the Sea Coasts Biscay and Gallicia : Between Cape Machicaca and Cape the Pinas and from Cape the Pinas to Cape de Finisterre. - London : sold by W. & I. Mount and T. Page , [1748-1763?]
Data de creación
1748 / 1763 (probable)
Nivel de descrición
Unidade documental
Volume e soporte da unidade de descrición
1 Folla(s)
53 x 43 cm
Outras características físicas:
grav. en cobre, col. a man
Datos cartográficos
Escala: [ca. 1:650.000]. English and French Leagues 20 in Degree [15=12.85 cm].
O xermolo da Colección parece estar, segundo Pedro López, na cartografía impresa existente no centro "seguramente para documental o traballo dos arquiveiros". A este núcleo inicial viñéronse sumar desde 1986 numerosos exemplares de mapas e cartas náuticas, así como diferentes documentos iconográficos, adquiridos na súa maior parte por compra.
Alcance e contido
Carta náutica presentada en dúas partes: a superior comprende dende o Cabo Machichaco ata Luarca e a inferior, parcialmente coincidente, dende "C. de Pinas" [i.e. Cabo de Peñas] ata "Cape de Finisterre". Ainda que ámbalas dúas partes están arrumbadas como se se tratase dun todo, ten distinta orientación tal como se comproba mediante as rosas dos ventos que conteñen.