Copia de “Trozos selectos escolmados de Una isla en el mar rojo” e do artigo “Como progresó La Coruña. Un repaso a lo que va de siglo” de Antonio Carballo Tenorio
Naceu na Coruña o 5 de setembro de 1885 e faleceu o 18 de setembro de 1967.
Foi o segundo dos once fillos de Uxío Carré Aldao. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado académico non numerario da Real Academia Galega. O 20 de abril de 1919, publicou en "¡Terra a Nosa!" (suplemento literario do diario coruñés El Noroeste) un conxunto de poemas titulado xenericamente Da raza. En 1921 publicou A tentación e Macías o Namorado. En 1954 e 1964 publicou en Buenos Aires Escolma de poesías e arelas.
Escribiu co seu irmán Leandro unha biografía de Galo Salinas premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas (O milagre, Volverá, Un episodio en la retaguardia), ademais dunha serie de diálogos reunidos baixo o título común Críticas e pasatempos.
Casou en novembro de 1914 con Margarida Naya Silva. O seu fillo máis vello, Uxío Carré Naya, foi asasinado durante a represión que seguiu á sublevación do 18 de 1936.
Documentación producida e acumulada polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. Ingresan no Arquivo, en virtude da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 7 de novembro de 2023, o 14 dese mesmo mes.
Alcance e contido
Documentos persoais e de función (de carácter intelectual ou profesional) de diferentes membros da familia.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e pasan a gozar por tanto do réxime de protección e acceso que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condicións de reprodución
Titular dos dereitos:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanística
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Notas
Nota xeral
Xunto coa documentación chegaron numerosas publicacións periódicas e libros que están catalogados no fondo da biblioteca deste arquivo.