Luis Soto Fernández (1902-1982) era natural de Podentes, A Bola. Estudia o bacharelato en Celanova, e tras emigrar a Arxentina e cumplir o servicio militar na guerra de Marrocos, exerce o maxisterio no Carballiño e desenvolve unha intensa actividade sindical na FETE.
Ao comezo da Guerra Civil crea Solidaridade Galega Antifeixista. En xullo de 1938 exiliase en México, onde mantivo vivo o galeguismo político desde un nacionalismo de esquerda, impulsando organizacións políticas como a UPG (1964), o Partido Galego do Proletariado (1976) ou Galicia Ceibe (1979), fundando distintas publicacións e colaborando noutras (Boletín Galego de Información, Loita, Vieiros...), a través das cales desenvolveu un importante labor xornalístico.
Historia arquivística
O fondo Luis Soto Fernández foi doado á Xunta de Galicia en 1993 polos seus herdeiros, e incorporouse ó Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunicade Autónoma de Galicia, adscribíndose á Consellería de Cultura e Xuventude, en virtude do Decreto 231/1993, do 30 de setembro, publicado no DOG nº 198 do 14 de outubro de 1993.
Alcance e contido
A documentación é o testemuño das actividades intelectuais e políticas do seu produtor entre 1921 e 1979, na que queda constancia da súa relación con distintas organizacións políticas e sindicais. Dentro deste tipo de documentación merece destacarse a xerada na edición da revista Vieiros (orixinais para ser publicados, galeradas...).
Un tipo documental moi abundante, e de especial interese informativo, é a correspondencia, na que se poden atopar testemuños dos contactos entre sobranceiros intelectuais e políticos galegos do exilio e entre estes e intelectuais e políticos residentes en España.
En definitiva, trátase dun fondo de utilidade non só para o estudo da biografía de Luis Soto, senon tamén para o coñecemento das actividades do exilio galeguista durante o réxime do xeneral Franco.
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Humanista
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Expediente del refugiado en México Luis Soto Fernández Localización (Código de arquivo): ES.28005.AGA/3//AGA,12,02884,028 Código/s de referencia/signaturas: AGA,12,02884,028 Pares.mcu.es
Localización de orixinais: Entrevista a Luis Soto Fernández realizada por Ludivina García Arias en Ciudad de México Localización (Código de arquivo): ES.37274.CDMH//SI,986 Código/s de referencia/signaturas: SI,986 Pares.mcu.es