Luis Soto Fernández (1902-1982) era natural de Podentes, A Bola. Estudia o bacharelato en Celanova, e tras emigrar a Arxentina e cumplir o servicio militar na guerra de Marrocos, exerce o maxisterio no Carballiño e desenvolve unha intensa actividade sindical na FETE.
Ao comezo da Guerra Civil crea Solidaridade Galega Antifeixista. En xullo de 1938 exiliase en México, onde mantivo vivo o galeguismo político desde un nacionalismo de esquerda, impulsando organizacións políticas como a UPG (1964), o Partido Galego do Proletariado (1976) ou Galicia Ceibe (1979), fundando distintas publicacións e colaborando noutras (Boletín Galego de Información, Loita, Vieiros...), a través das cales desenvolveu un importante labor xornalístico.
Historia arquivística
O fondo Luis Soto Fernández foi doado á Xunta de Galicia en 1993 polos seus herdeiros, e incorporouse ó Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunicade Autónoma de Galicia, adscribíndose á Consellería de Cultura e Xuventude, en virtude do Decreto 231/1993, do 30 de setembro, publicado no DOG nº 198 do 14 de outubro de 1993.
Alcance e contido
Esbozo do documento que presenta a opinión do Consello Executivo do Padroado da Cultura Galega en México respecto ao problema dos labregos en Castrelo de Miño, en probable relación coa construción do encoro, redactado por Luís Soto
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Humanista
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Expediente del refugiado en México Luis Soto Fernández Localización (Código de arquivo): ES.28005.AGA/3//AGA,12,02884,028 Código/s de referencia/signaturas: AGA,12,02884,028 Pares.mcu.es
Localización de orixinais: Entrevista a Luis Soto Fernández realizada por Ludivina García Arias en Ciudad de México Localización (Código de arquivo): ES.37274.CDMH//SI,986 Código/s de referencia/signaturas: SI,986 Pares.mcu.es