Afonso Galos, notario e veciño de Santiago, afora a Elvira Palmeira, muller de Gonzalo Vázquez, un casal en [Larín], en Santa María de Morlán, pola súa vida e dúas voces e con renda dunha rapada de trigo.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Escribán: Fernando de ¿Beina?, escribán real.
Condicións de acceso
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Gótica
Procesual
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Pergameo
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Perda de soporte e tinta esvaecida na marxe dereita