No verso, dúas signaturas de diferentes épocas: nº 8 e nº 34
Título
Fernán de Obre e a súa muller Maior Paz, moradores en Santo André de Obre, doan ao mosteiro de Santa María de Monfero todos os bens que posúen nesa freguesía agás dúas leiras, unha delas de viña, baixo a condición de que digan cada ano unha misa cantada por Santo André, primeiro na igrexa de Obre e, trala morte de Fernán, no mosteiro
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.