No verso, varias referencias: Número 125; 125 del 1º; nº 23 (e ao seu ladoo nº [2]161 riscado)
Título
Álvaro de Compostela, ouvenzal da granxa de Brión e procurador do mosteiro de Santa María de Sobrado, afora a Afonso Preto unha leira de herdade no casal de Pereira, freguesía de Santa María de Brión, por unha parte da colleita de viño cada ano
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.