No verso, varias referencias: Número 154; 15 del 1º; 128 (e ao seu lado o nº1610 riscado); 126 (corrixido co nº 154 por riba)
Título
Álvaro de Compostela, ouvenzal da granxa de Brión e procurador de Santa María de Sobrado, afora a Gil Fernández de Amarante, notario, e á súa muller Elvira Pérez unha leira de monte, bacelar e herdade na Chousa Vella, en Brión, para que planten viña
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Carta partida por ABC
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Escritura:
Cortesana
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Pergameo
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
Gil Fernández de Amarante aparece como notario en escrituras do mosteiro de Santa María de Sobrado de datas posteriores