No verso, varias referencias: nº 59 (e, ao seu carón, o 2525 riscado);Número167; 1ª del 3º
Título
Álvaro de Compostela, procurador de Santa María de Sobrado e ouvenzal da granxa de Brión, afora a Alfonso de Salgueiras e á súa muller Maior Freira unha casa co seu agro en Brión, por cinco marabedís de moeda vella branca, e unha leira de herdade no souto da Pereira, para que planten viña
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.