No verso, varias referencias: Número 112; 1ª del 2º; nº 56 (e ao seu lado onº 2485, riscado); nº 103 ( o nº 112 sobrescrito)
Título
O mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Juan Vez e á súa muller María Amorosa a casa na que viven, dous terreos preto da Vaqueiriza Vella, unha leira de viña en Xudres, tres leiras de viña no Vaqueiro e outros bens en Brión
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.