Do matrimonio de Ramón Fernández e de Francisca María Calvet Bello naceron Doroteo, Federico e Teresa Fernández Calvet. O primeiro foi perito mercantil e chegou a ser Presidente do Colexio de Peritos Mercantís da Coruña. Na mesma vila tivo unha escola de esgrima.
Federico, emigrou a Montevideo, onde morreu en 1886, despois de traballar como redactor do xornal "La Nación".
Fillo ou neto de Doroteo Fernández, foi, Federico Fernández Sar, tamén perito mercantil. Foi profesor na Escola de Comercio e na de Náutica da Coruña. Entre 1914 e 1916 foi redactor-taquígrafo no xornal coruñés de "La Voz de Galicia". Finalmente tamén se inplicou en varias empresas relacionadas coa actividade do porto, no que, ademais, foi Vicepresidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña. Así foi Xerente de ARBUPES S.L. (Armadores de Buques Pesqueros) e secretario do Consello de administración da Compañía Frigorífica SA.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
A maior parte da documentación foi xerada por Doroteo Fernandez Calvet e por Federico Fernández Sar. Do primeiro conservamos, principalmente, correspondencia entre os anos 1880 e 1900 coa familia do seu irmán, Federico, asentada en Montevideo, e documentación patrimonial.
De Federico Fernández, hai correspondencia, notas e informes das actividades profesionais que desempeñou ao longo da súa vida (profesor nas Escolas de Comercio e Náutica da Coruña, xerente de ARBUPES S.L. e secretario do Consello de administración da Compañía Frigorífica SA).
Ademais consérvase algunha documentación solta do resto da familia e, finalmente, dúas fotografías de tiradores de esgrima.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
A documentación está en moi mal estado, co papel quebradizo, ata o punto de que boa parte dela é ilexible por culpa da perda de parte do papel ou polas manchas de humidade.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
Forma de ingreso: na descrición dos niveis físicos indícase só a data que lle corresponde á documentación descrita.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia